SINFÓNICA DE PONTEVEDRA
XOVE OSP
A Orquestra Xove de Pontevedra, créase co obxectivo de formar e ilusionar a xoves músicos de Galicia (entre os 14 e os 26 años) e conseguir que se desenvolvan persoal e profesionalmente, formando parte dunha agrupación musical e cultural dende idade temprana ata adultos.
Comeza a súa andaina no mes de setembro de 2017, realizando o seu primeiro concerto de presentación no mes de decembro do mesmo ano, baixo a batuta de Sergio Heredia Cegarra, con mozos e mozas que mostraron unha grande profesionalidade e no que puidemos augurar un magnífico futuro profesional e musical, chegando a duplicar os seus compoñentes en menos de dous anos.
Coa pretensión de facer todo tipo de músicas, actuaron nos principais auditorios, museos e centros residenciais de Pontevedra, Concellos de Valga e Cambados; colaborando con institucións artísticas como o Coro Pontevedrés Luis García Limeses, Coral Polifónica de Pontevedra, Coro IES A Xunqueira e coas Asociacións Manos Unidas e AECC.
Dende a Orquestra Xove ambicionamos fomentar na nosa xuventude os valores musicais de igualdade, entrega, traballo, ilusión e pertenza a un grupo, para lograr formar un equipo sólido e en continuo crecemento.
CALENDARIO
Lara González Cortés
Lara González Cortés| Directora da Xove OSP
Lara González Cortés é graduada superior en Interpretación na especialidade de Óboe e Dirección de orquestra, banda e coro polo Conservatorio Superior Eduardo Martínez Torner de Oviedo (Asturias); ademais realizou o Máster en Ensinos Artísticos de Estudos Avanzados en Interpretación na especialidade de Óboe na ESMUC (Barcelona) e o Máster de Dirección de Orquestra na Academia Internacional de Dirección de Orquestra (AIDO) e na Escola Superior de Música de Alto Rendemento (ESMAR) en Valencia.
Foi alumna de prestixiosos profesores do campo da dirección como poden ser José Rafael Pascual Vilaplana, Cristóbal Adoitar, José Alberto Pina, Enrique García Asensio, Aldo Ceccato, Christian Karlsen, José Luis Temes ou Lucía Marín, entre outros.
En novembro de 2022 foi elixida finalista no I Concurso Internacional de Dirección de Banda ‘Vila de Bétera’, mentres traballaba como profesora na Escola de Música Farré (Barcelona) e dirixía a Banda de Música a Nova de l’Ollería (Valencia). Ademais, dirixiu numerosas agrupacións tales como a Banda Municipal de Barcelona, a Banda do Ateneo Musical de Mieres, a Orquestra Sinfoníca da ESMAR ou a Nova Orquestra da FSMCV, entre outras. No verán do 2024 presenta o disco “Cancións a Luarca: melodías da nosa Vila mariñeira” gravado pola Coral Santa Eulalia de Luarca baixo a súa dirección, no que se rescataron cancións esquecidas da Vila e que tivo un enorme éxito e recoñecemento entre o público.
Como oboísta, estudou con recoñecidos oboístas como son Juan Ferriol, Eduardo Martínez Caballer, Juan Carlos Báguena Roig, David Thomas, Tom Owen, Marteen Dekkers ou Dolors Chiralt. Ademais, colaborou con multitude de agrupacións entre as que destacan a Orquestra Simfònica do Vallés (Barcelona), a Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias ou a Oviedo Filharmonía.
Actualmente é a directora da Banda de Música Municipal de Ribadumia, do Coro da ACV de Candeán (Vigo), da Coral Santa Eulalia de Luarca (Asturias); o que compaxina co ensino na Escola e Conservatorio Profesional da Agrupación Musical do Rosal, e o Conservatorio Profesional Coppelia de Vigo.