SINFÓNICA DE PONTEVEDRA
MULLERES E INSPIRACIÓN
A música clásica, como en calquera outra das artes, é inxusta cando o xénero, historicamente falando, é un factor determinante para non só limitar o éxito das creadoras, senón tamén para a transcendencia da súa obra artística posterior.
Hoxe, debemos poñer en valor composicións de inigualable nivel creativo, técnico e artístico que, de seguro, foi inspirador para moitos artistas de xénero masculino que contaban con este factor en prol, e que se non fora por esta circunstancia pasarían a ser obras consolidadas e primordiais no repertorio musical.
Mulleres e inspiración é unha semana chea de concertos, exposicións e moito máis onde descubrir e gozar da música e das mulleres.
CONCERTOS DIDÁCTICOS
7 e 8 de marzo | 10.30 h e 12.00 h
Teatro Principal de Pontevedra
EXPOSICIÓN
MULLERES E INSPIRACIÓN
Do 6 ao 31 de marzo
Mulleres Compositoras Galegas
CINE E CONFERENCIA
Venres 10 de marzo | 20.00 h
Teatro Principal de Pontevedra
OBRADOIRO DE MÚSICA E CINE
Sábado 11 de marzo | 11.00 h e 12.00 h
Salón de Actos do Pazo da Cultura
CONCERTO MULLERES E INSPIRACIÓN
Domingo 12 de marzo | 19.00 h
Pazo da Cultura